Saltar ao contido principal

Setembro · 2020

  Sábado 12
Festival (expandido) Cans · 2020

Organiza: Cineclube Val Miñor «Alice Guy»
http://cineclubes.gal/Cineclubes/Pontevedra/Alice-Guy.html
Colabora: CGAI, Concello de Nigrán e «Feciga»


Proxección de   Curtas (Festival expandido de Cans)
Varios autores

Curtas en Versión Orixinal e con Subtítulos en Castelán (VO & VOSE)


Sesións:
Sábado 12 de setembro de 2020 ás 19:15 e 21.00 h.
Cota: 4  para 1ª sesión, as 2 sesións por 5 
(A cota vai destinado integramente para o premio outorgado polos cineclubes de Galicia)

Bono anual de socio/a 20 . Fáite socio/a!


Lugar:
Auditorio Municipal
Av. Castelao 2
36350 Nigrán (Pontevedra)



Participa no Evento:
Facebook do cineclube

A escolma das curtas do Festival (expandido) de Cans 2020

Prográmasen en dúas sesións


curta: «16 de Decembro»

«16 de Decembro» é unha curta dirixida por Álvaro Gago Díaz e producida por Ringo Media e Sombriza Films. Protagonizada por Cris Iglesias. Estréouse no Cinema Jove de Valencia e no Locarno Film Festival (ámbito nacional e internacional respectivamente).

Sipnose: Sábado. Cae a noite. O balón móvese rápido dun lado a outro. Os corpos buscan introducirse nos ocos que deixa a defensa. Lucía, vinte e cinco anos, sae de adestrar a balonmán e vai buscar ao seu irmán en moto baixo as luces dunha cidade que cre coñecer.

14 min. VO (galego/castelán).


curta: «Badaladas de Amor e Morte»

«Badaladas de Amor e Morte» é unha curta dirixida por Iria Ares e producida polo Estudio Momento. Protagonizada por Iria Ares, Xoán Carlos Mejuto e Manuel Lourenzo (narrador).
Iria Ares volve ser finalista en Cans, por segunda vez, con esta singular curta en branco e negro seleccionada na competición oficial do Medina Film Fest.

Sipnose: Unha homenaxe ao cine de Orson Welles e a dramaturxia de Roberto Vidal Bolaño. Unha historia romántica cunha única protagonista: a morte. Conta a lenda que o último día do ano, cando soan as 12 badaladas de medianoite, acoden ao cemiterio as almas dos que van morrer ao ano seguinte. Serás ti un deles?

19 min. VO (galego).


curta: «Blacks or Whites»

«Blacks or Whites» é unha curta dirixida por Anita Pico e producida pola propia realizadora e Aakash Meshram. Protagonizada por Sara Galvin e Matthew Marcelis.
Estréouse en Cans (ámbito nacional). A coruñesa Anita Pico graduouse con esta curta na UCA (University Creative Arts). Este ano foi seleccionada pola BBC no programa New Creatives para novos talentos.

Sipnose: Levan a un mozo chamado Jerry a unha sala completamente branca para sometelo a un interrogatorio que comeza cunha estraña partida de xadrez. Segundo o tempo e as xogadas avanzan, Jerry decátase de que ten moito máis que perder do que pensaba.

11'35 min. VOSE.


curta: «Conte Trencat»

«Conte Trencat» é unha curta dirixida por Miguel Gago Caamaño e producida por Ringo Media. Protagonizada por Duna Molera, Rosalía Omil, Òscar Rabadán, Pol Fernández, Dafnis Balduz e Pol Nubiala.
Estréouse en Cans (ámbito galego). Ópera prima do arousán Miguel Gago que estivo a concurso no Medina Film Fest. Coproducida polo seu curmán Álvaro Gago, co que curiosamente competirá por primeira vez nun festival.

Sipnose: Perseguindo ao seu primo Salvador, a pequena Luci caerá no feitizo dun bosque que a guiará e protexerá para que poida escapar dun enfrontamento entre a Guardia Civil e un grupo de maquis comandados por unha misteriosa muller.

18 min. VOSE.


curta: «El Gran Corelli»

«El Gran Corelli» é unha curta dirixida por Abel Carbajal e producida pola ESCAC Films. Guión de Abel Carbajal e David Gascón. Estréouse no Festival de Sitges (ámbito nacional). Este director mozo, nado na Estrada, é unha das grandes promesas internacionais da animación. Traballa habitualmente en Laika Studios, en Portland (EE.UU), unha das factorías de stop motion máis importantes do mundo.

Sipnose: O gran Corelli é un novo e exitoso mago no cénit da súa carreira. Pero, na actuación máis importante da súa vida, comete un erro na execución do número que lle deu máis sona, «A cadeira flotante». Ese inesperado fracaso marcará o seu futuro, onde só o alcohol lle axuda a saír a escena.

7'42 min. VO (castelán).


curta: «Hijos del Cuerdo»

«Hijos del Cuerdo» é unha curta con dirección, guión, fotografía, son e montaxe de Borja Santomé Rodríguez. Estrea mundial (en Cans). Con «El Reloj», Borja Santomé ganou en 2018 en Cans o Premio do Xurado á Mellor Curta de Animación. Despois dunha estadía en París presentanós a súa nova obra.

Sipnose: A través de dous personaxes e a súa viaxe ás montañas, cóntase un estraño intento de conexión coa natureza que remata na confusión, mergullándonos nun calidoscopio de imaxes e experiencias oníricas que falan do desexo de fuxir da vida urbana.

min. Muda con lendas en castelán.


curta: «Mare»

«Mare» é unha curta con dirección, guión, fotografía e montaxe de Guille Vázquez. Protagonizada por Ede e Hugo Aja. Estréouse en Cans (ámbito galego).

Sipnose: Unha moza busca a alguén que entrou na súa casa cando intentaba durmir, aínda entre o soño e a vixilia. Baseado no cadro «The Nightmare», de Johann Heinrich Füssli (Henry Fuseli).

7'48 min. SD.


curta: «Mentres Iso Pasa»

«Mentres Iso Pasa» é unha curta dirixida por Nacho Ozores, con produción e guión do mesmo director. Protagonizada por Denís Gómez. Estrea mundial (en Cans).

Sipnose: Nico é un mozo con teimas e compulsións que lle privan de facer unha vida normal. Precisa que pase ese inferno na súa cabeza, pero hoxe volveu chegar tarde a un adestramento. Por sorte, hai alguén que o pode axudar.

min. VO (galego).


curta: «Papá, Por Qué Quitas a Música?»

«Papá, Por Qué Quitas a Música?» é unha curta con guión e dirección de Ariadna Cordal. Protagonizada por Víctor Mosqueira, Manuel Estévez e Olga González. Estrea mundial (en Cans). Por segunda vez, unha obra desta realizadora cambadesa é seleccionada no Festival de Cans. Esta curta chega despois de que Ariadna avanzase na súa formación como cineasta no Eckerd College de Florida (EE.UU).

Sipnose: Por mor dunha situación económica adversa, un pai perde o traballo e cae nunha depresión. Cando a relación coa súa familia vai a peor, a muller e o fillo intentan axudalo.

11 min. VO (galego).


curta: «Reality»

«Reality» é unha curta con dirección, guión, produción, animación, dirección de arte, montaxe, música, son e dobraxe de David Fidalgo Omil. Emprega a técnica de animación en acrílico. Estrea mundial (en Cans). Despois de ser finalista dos Goya á mellor curta de animación con Homomaquia, Mención Especial do Xurado en Cans, David Fidalgo volta de novo ao festival para presentar a súa curta máis nova.

Sipnose: Tomando como punto de partida momentos de actualidade relevantes dos anos 2019 e 2020, «Reality» é unha reflexión crítica e irónica sobre os programas da chamada telerrealidade.

min. VO (castelán).


curta: «Season»

«Season» é unha curta dirixida por Giovanna Lopalco e producida por Insolence Productions. Animación de Dalia Rovazzani e Giulia Landi. Estrea en Cans (ámbito galego).

Sipnose: Tres misteriosos homes vestidos de branco acompañan unha muller nunha estraña procesión. Logo de soterrar un ameazante niño de avésporas, a muller queda soa a velar o lugar. Esa paisaxe escura agocha un universo biolóxico en perpetuo movemento que transformará para sempre o corpo da protagonista.

min. SD.


curta: «Todo el Mundo se Parece de Lejos»

«Todo el Mundo se Parece de Lejos» é unha curta dirixida por Rafa de los Arcos e producida por Boogaloo Films. Protagonizada por Bruna Cusí, Pep Ambròs, Dolores Santiago, Xantal Gabarró, Marina Font. Estréouse na Seminci de Valladolid, no ámbito galego é en Cans.

Sipnose: Celia volveu ao barrio. Non sabe moi ben que pasou, nin como, para que todo fose á merda en tan pouco tempo. Pero non renuncia a recuperar a su vida como sexa.

15 min. VO (castelán).


curta: «Xoves de Comadres»

«Xoves de Comadres» é unha curta dirixida por Noemi Chantada e producida por Islandia Producciones. Protagonizada por Aurora Maestre e Noelia Castro. Estrea en Cans (ámbito galego).

Sipnose: O mundo de Aurora era coma un formigueiro vacío, ata que chegou un grilo, para revolucionar a súa soidade.

19 min. VO (galego).


Publicacións populares deste blog

Outubro · 2020

  Xoves 22 Organiza: Cineclube Val Miñor « Alice Guy » http://cineclubes.gal/Cineclubes/Pontevedra/Alice-Guy.html Colabora: Concello de Nigrán Proxección de   « L'Atalante » Un filme de Jean Vigo Filme en Versión Orixinal con Subtítulos ao Castelán ( VOSE ) Sesión: Xoves 22 de outubro de 2020 ás 20:30  h . Cota: De balde (Bono anual de socio/a 20  € ) Fáite socio/a ! Lugar: Auditorio Municipal Av. Castelao 2 36350 Nigrán (Pontevedra) + Info: Facebook do cineclube

Suspendida a proxección de «L'Atalante»

Lamentamos comunicaros, que debido ás circunstancias epidemiolóxicas que teñen a suceder nos últimos días, o Concello decidíu suspender todas as actividades programadas, polo que suspéndese a proxección deste próximo xoves (22/10/2020) e queda adiada para cando as circunstancias melloren. Coidarse!!!